divendres, 13 de juny del 2008

Sacando os dentes

Coido que ás veces un tenta fuxir desesperadamente de todo aquilo que no fondo non é máis que o que anceia.

Nunha sociedade que fomenta a mediocridade e o conformismo xudeo-cristiá moitos poderían pensar que esta fuxida é por temor a non poder conqueri-los soños. Poderían pensar que non é máis que o ancestral medo ó fracaso.

Pensarían mal. Esquecen unha e outra vegada que meirande que estes medos é o temor a asumi-la responsabilidade do triunfo. Que llo digan a Djukic!

Un pode poñer medio mundo polo medio, encherse de escusas cada unha máis barata, que antes ou despois aquelo para o que naceu acaba por chamar á súa porta, miralo de fronte e dicir: rapaz chegou a hora, nada ou afoga!

É, neste momento, cando temos que escoller entre vivir na mediocridade das sombras ou deixar atrás aquelas cadeas, que soltou hai anos, e saír da cova.

Momento nada doado no que un non para de cavilar en toda a xente que deixou polo camiño, en todos aqueles que o axudaron a ver máis aló das representacións que falsamente se movían pola parede. Erguerse ou manterse na comodidade do seu asento. Loitar e matar ou sorrir e aplaudir.

Por moito que reneguemos, ás veces os columelais non paran de medrar na procura de sangue.

Reir o llorar