Logo duns meses de moito traballo, regresamos a terriña para tomarnos unhas semans de vacacións, máis que merecidas (para que negalo).
É incribel como o cerebro ó cabo de dous ou tres días é quen de desconectar, de ir deixando atrás cargas e tarefas diarias, relaxándose e retomando una reprogramación mental moito máis axeitada ó lecer, a tranquilidade e o desenvolvemento persoal.
E non falo xa de longas viaxes ó redor do mundo, senón de poder ter tempo para un. Ter esos silencios nos que escoitar o teu propio pensar e polos que poder percorrer as páxinas daqueles libros afastados da primeira liña e que cheos de pó retoman agora o posto que lles corresponde.
A volta á terra, se a fas como toca é sempre unha viaxe "a redor de sí" (Vid.Otero Pedrayo)
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada