Está visto, cada vez que teño algún problema coa conexión á rede xorden mil e unha historias coas que botar unha parrafada: dende o novo equipazo dos Celtics ata a liberación militar de Irlanda do Norte.
Por desgraza o que me achega hoxe a este taboleiro virtual é algo máis serio que as fichaxes do baloncesto, xa que a crise vivida nas últimas horas entre as relacións PSOE-PSN non é para tomar a mofa.
Quedará no eido de cada quen avaliar se o meirande erro cometeuse polos compañeiros navarros ó facer público que para eles a única alternativa de goberno viábel era o pacto de esquerdas con NA BAI e EU, ou ben pola executiva federal convocada de urxencia mentres o Secretario Xeral paseaba pola praia de Pilatos, perdón Parla, sen ter coñecemento do que estaba a suceder.
É opinábel tamén se o Partido Socialista segue a ter unha estructura federal ou simplemente centralista. Mesmo cabería plantexar se algunha vez o federalismo chegou a existir máis ala de certas épocas do PSC.
Pero son todas estas cuestións aspectos internos dunha organización viva e democrática. E como tal, cada 4 anos os afiliados teñen a oportunidade de modifica-los estatutos e a dirección política no caso de discrepar coa mesma e ter maioría dabondo para acadalo.
Pola contra, o que si nos atinxe directamente a todos é saber a quen se debe un Presidente (neste caso de C.A.): ó seu partido ou ó seu Pobo. Porque tal é a cuestión de fondo.
A democracia fortalécese e morre a través dos Partidos políticos, xa que por un lado reforzan a lexitimidade do sistema entre a súas bases sociais evitando procesos revolucionarios/dictatoriais pero por outra banda, a teoría inicial de conformar a vontade popular a través dos Deputados demostrase falsa cando nos Parlamentos non se debate, senón que se interpretan os postulados que cada partido ten de seu, e que na case totalidade dos casos elaborou sen participación da cidadanía (lembremos a patética experiencia do PS Canario nas pasadas autonómicas).
Chegados a este punto de partitocracia semella perigoso que nin sequera se permita ós representantes públicos elixir entre eles, libremente, e de acordo coa maioría parlamentar quen vai ser o Presidente, o encargado de dirixir a defensa dos intereses dos navarros. Perigoso e triste ademais que aquel que se sabe Presidente un día, ó seguinte acepte que ten que deixar de selo para non danar futuros procesos eletorais.
A pregunta na que non paro de cavilar é clara e simple: é lexitimo que un candidato renuncie á Presidencia por mandato do partido desoíndo a vontade do seu Pobo?
Dito doutro xeito: a lealdade interna á organización está por riba do deber fronte á cidadanía? Perigoso, perigoso, xa que se por calquera motivo se produce un conflicto entre un Goberno central e autonómico do mesmo partido, a cidadanía podería chegar a dubidar se os seus representantes están a facer o mellor para protexer os seus dereitos ou os de Ferraz/Génova.
PD: De xeito totalmente voluntario elido pronunciarme sobre a convenza do pacto con Nafarroa Bai, entre outras cousas porque respeto profundamente a capacidade de decisión e a autonomía dos compañeiros navarros.
Aínda que poucas dúbidas penso que pode haber tendo en conta a miña defensa dunha España Federal e Republicana, xa sexa con ou sen tregua de por medio (as circunstancias mudan, os principios deberían perdurar).
PDD: E de xeito voluntario, isto vai en galego.
4 comentaris:
Te queda controlar el vasco y algún acento que otro, desde el norte al sur de la Península, y ozu!!!, ja, ja...
Bikos
El fa el que es pot. Petons.
Faise o que se pode. Bicos.
Egiten da ahal duen. Musuak.
Ja,ja,ja... nunca dejas de sorprender, sigue así!!
Bikiños
Pos este no lo leo que me cuesta seguir el galego y apurando las vacaciones no es cuestión de hacer esfuerzos.....
Publica un comentari a l'entrada